Concurso de Cultura Clásica Odisea
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Concurso de Cultura Clásica Odisea, é un concurso que promociona a Cultura clásica dirixido aos alumnos de institutos de ensinanza secundaria.[1].
En Galicia este concurso está organizado pola sección galega, da Sociedade Española de Estudos Clásicos (S.E.E.C.), na Comunidade valenciana polas seccións da SEEC de Valencia-Castelló e a sección de Alacant, en Aragón pola sección da SEEC de Aragón, en Cataluña pola APLEC, Associació de Profesorat de Llengües Clàssiques de Catalunya, e en Valladolid pola sección da SEEC de Valladolid.
A temática do concurso fai referencia cada ano a un determinado aspecto do currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego que cursan os alumnos participantes nos centros educativos.
Historia
[editar | editar a fonte]Coa finalidade de sacar os alumnos das aulas promocionando asemade a aprendizaxe, comprensión e investigación sobre o mundo clásico, o concurso xerouse a partir dunha idea orixinal de dúas profesoras dos departamentos de Grego e Latín do IES David Buján de Cambre, Ángeles Burgos González e María F. Loira Santiago.
Na primeira edición, Odisea 2006, os participantes procedían exclusivamente de centros galegos. Progresivamente fóronse incorporando institutos de ensino secundario doutras provincias: Castelló, Valencia e Alacant, en 2008; Aragón, en 2011; Cataluña, en 2012, convocatoria esta última en que Aragón non participou[2].
No ano 2013 volven participar os alumnos de Ensinanza Secundaria de Aragón e incorpóranse por vez primeira os de Valladolid[3].
Resumo das bases
[editar | editar a fonte]As bases do concurso [4] son as seguintes:
Cada Instituto participante pode inscribir tantos grupos de tres alumnos como desexe. Todos os grupos deben ser dirixidos por un profesor. Un único profesor pode dirixir varios grupos.
O concurso ten dúas fases, a autonómica e a estatal[5]. A fase autonómica dura catro días. Nas últimas edicións adoitase elixir un tema relacionado coa Antigüidade greco-latina que serve de denominador común e fío condutor durante todo o concurso, de maneira que todas as preguntas formuladas fan referencia a el en maior ou menor medida. No ano 2011 o tema elixido foi "A muller", no 2012 "As viaxes", no 2013 "A Educación" e no ano 2014 "O teatro en Grecia e Roma".
O primeiro día, publícanse na páxina web do concurso[6] 3 preguntas sobre Mitoloxía; o segundo día do concurso as preguntas publicadas fan referencia á vida cotiá en Grecia e Roma; o terceiro día, as cuestións teñen como temática a Historia e institucións grecolatinas.
O cuarto día formúlanse unha serie de preguntas-pistas e mais un "preguntón", así chamado por ser de maior dificultade. A resposta do "preguntón" vén dada polas polas iniciais das respostas correctas das "preguntas-pistas”. Estas preguntas tratan sobre Literatura grecolatina.
Se nesta fase se produce un empate a puntos entre os equipos, o desempate consiste na resolución dun novo preguntón, no día, hora e lugar elixidos pola organización, e baixo a supervisión dun membro desta.
Na fase estatal, os gañadores da fase autonómica compiten entre si simultaneamente dende os seus centros, sempre coa supervisión dun membro da organización, procurando resolver un novo preguntón e tendo en conta que en caso de empate a puntos gañará aquel equipo que empregue menos tempo en resolvelo.
Edicións do concurso
[editar | editar a fonte]Edición 2014[7]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Galicia, Cataluña, Aragón, Valladolid e Comunidade valenciana.
- Número de centros participantes: a nivel estatal participaron 186 centros.
- Número de alumnos : participaron a nivel estatal 2.691 alumnos.
- Equipos gañadores fase estatal:
- Primeiro posto: equipo Panda de Plauto, do IES Mariano QuintanillaArquivado 17 de marzo de 2014 en Wayback Machine. de Segovia.
- Segundo posto: equipo Capricornio, do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces.[8]
- Terceiro posto: equipo Aresto Momentum, do INS Gallecs Arquivado 13 de xullo de 2014 en Wayback Machine., de Mollet del Vallès.
- Equipos gañadores fase Galicia
- Primeiro posto: equipo Capricornio, do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces.
- Segundo posto: equipo Χαλεπα Τα, do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela.
- Terceiro posto: equipo Agamenón, do IES Salvador de Madariaga, da Coruña.
Edición 2013[9]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Galicia, Cataluña, Aragón, Valladolid e Comunidade valenciana.
- Número de centros participantes: a nivel estatal participaron 159 centros.
- Número de alumnos : participaron a nivel estatal 2604 alumnos.
- Equipos gañadores fase estatal:
- Primeiro posto: equipo Los Pucelanos, do IES Diego de PravesArquivado 18 de marzo de 2013 en Wayback Machine. de Valladolid.
- Segundo posto: equipo Odi et Amo, do IES Tháder, de Orihuela.
- Terceiro posto: equipo 3R Triumvirat, do Institut Martí L'Humà, de Montblanc.
- Equipos gañadores fase Galicia
- Primeiro posto: equipo Lusco Fusco, do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces.[10]
- Segundo posto: equipo Kalendas Galaicas, do IES de Pontepedriña, de Santiago de Compostela.
- Terceiro posto: equipo Khelidones, do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces.
Edición 2012[11]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Galicia, Cataluña e Comunidade valenciana.
- Número de centros participantes: a nivel estatal participaron 161 centros.
- Número de alumnos : participaron a nivel estatal 2397 alumnos.
- Equipos gañadores fase estatal:
- Primeiro posto: equipo Amp Legio, do Colexio Cardenal Vidal i Barraquer de Cambrils.
- Segundo posto: equipo Los tritones, do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela.
- Terceiro posto: equipo Sha’s Calipso Tomaketoma, do IES Violant de Casalduch, de Benicàssim.
- Equipos gañadores fase Galicia[12]
- Primeiro posto: equipo Los Tritones, IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela..
- Segundo posto: equipo Matakalai, do IES de Ames de Ames.
- Terceiro posto: equipo Kalai, do IES de Ames.
Edición 2011[13]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Aragón, Comunidade Valenciana e Galicia
- Número de centros participantes: participaron, a nivel estatal, 250 centros.
- Número de alumnos: participaron a nivel estatal 3498 alumnos.
- Equipos gañadores da fase Estatal:
- Primeiro posto: Domus Aurea, do colexio San José, de Lugo.
- Segundo posto: Aoristos Radicales, do IES José Marhuenda Prats, de Pinoso (Alacant).
- Equipos gañadores da fase Galicia:
- Primeiro posto: Domus Aurea, do Colexio San José, de Lugo.
- Segundo Posto: Cosecha de 94, do IES María Soliño, de Cangas.
- Terceiro Postos: Nicéfalis, do IES Santa Irene, de Vigo.
Edición 2010[14]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes : Comunidade valenciana e Galicia.
- Número de centros participantes: participaron 54 centros.
- Número de alumnos: participaron 870 alumnos.
- Equipos gañadores da fase Estatal:
- Primeiro posto : Las esclavas de Davo, do colexio San José, de Lugo.
- Segundo posto : Las suplicantes, do IES Misteri D´Elx Arquivado 02 de xuño de 2013 en Wayback Machine. de (Alacant).
- Equipos gañadores da fase Galicia:
- Primeiro posto : Las esclavas de Davo, do colexio San José, de Lugo.
- Segundo posto : Las alas de Ícaro, do IES de Ames.
- Terceiro posto : Caibidis, do IES Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia.
Edición 2009[15]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Comunidade valenciana e Galicia.
- Equipos gañadores da fase Estatal:
- Primeiro posto : Sigmas conflictivas, do IES Francesc Tàrrega de Vila-real.
- Segundo posto : Los sapientisimos, do IES de Ames.
- Equipos gañadores da fase Galicia:
- Primeiro posto : Los sapientisimos, do IES de Ames.
- Segundo posto : Pirotecnímata, do IES de Ames.
- Terceiro posto : Sequere me, do IES Fontexería, de Muros..
Edición 2008[16]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Comunidade valenciana e Galicia.
- Equipos gañadores da fase Estatal:
- Primeiro posto: Primus Beta, do IES Fontexería de Muros.
- Segundo posto: Mnemosine, do IES Bellaguarda de Altea.
- Equipos gañadores da fase Galicia:
- Primeiro posto: Primus Beta, do IES Fontexería de Muros.
- Segundo posto: Secundus Alfa, do IES Fontexería de Muros.
- Terceiro posto: Secundus Beta, do IES Fontexería de Muros.
Edición 2007[17][18]
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Galicia.
- Equipos gañadores de Galicia:
- Primeiro posto: Argonautas, IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela.
- Segundo posto: Olympiakós, do IES Salvador de Madariaga da Coruña.
- Terceiro posto: Las Troyanas, do IES Salvador de Madariaga da Coruña.
Edición 2006
[editar | editar a fonte]- Comunidades participantes: Galicia.
- Equipos gañadores de Galicia:
- Primeiro posto: Fonterexiclásicos, IES Fontexería, de Muros.
- Segundo posto: Contrapunto, do IES David Buján de Cambre
- Terceiro posto: Pretorianos, do IES Sofía Casanova de Ferrol.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Concurso Odisea en Dives Gallaecia 2012". Consultado o 12-06-2012.
- ↑ Google Maps. "Mapa cos Centros participantes no concurso de Cultura Clásica Odisea 2012". Consultado o 11-06-2012.
- ↑ Google Maps. "Mapa cos Centros participantes no concurso de Cultura Clásica Odisea 2013". Consultado o 02-03-2013.
- ↑ "Bases do Concurso de Cultura Clásica Odisea 2013". Consultado o 02-03-2013.
- ↑ "Acceso ás diferentes fases do concurso Cultura Clásica Odisea". Consultado o 11-06-2012.
- ↑ "Concurso Odisea, fase autonómica galega". Consultado o 11-06-2012.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2014". Consultado o 04-02-2020.
- ↑ Faro de Vigo. "El instituto Marco do Camballón, segundo en el concurso Odisea de Cultur Clásica". Consultado o 26-03-2014.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2013". Arquivado dende o orixinal o 26-11-2013. Consultado o 02-03-2013.
- ↑ Faro de Vigo. "El instituto Marco do Camballón, en la final del concurso Odisea". Consultado o 27-02-2013.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2012". Arquivado dende o orixinal o 17-03-2012. Consultado o 11-06-2012.
- ↑ La Voz de Galicia. "Santiago da lecciones de cultura clásica". Consultado o 11-06-2012.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2011". Arquivado dende o orixinal o 04-12-2012. Consultado o 11-06-2012.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2010". Arquivado dende o orixinal o 04-12-2012. Consultado o 11-06-2012.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2009". Arquivado dende o orixinal o 04-12-2012. Consultado o 11-06-2012.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2008". Arquivado dende o orixinal o 04-12-2012. Consultado o 13-06-2012.
- ↑ "Concurso de Cultura Clásica Odisea 2007". Arquivado dende o orixinal o 04-12-2012. Consultado o 13-06-2012.
- ↑ El Correo Gallego. ""Odisea" de cultura grecorromana del Eduardo Pondal". Arquivado dende o orixinal o 25-01-2013. Consultado o 13-06-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concurso de Cultura Clásica Odisea |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Concurso de Cultura Clásica Odisea.
- SEECGalicia (Sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos).
- S.E.E.C.
- Sección da SEEC de Aragón
- Seccións da SEEC de Valencia-Castelló Arquivado 07 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- Sección da SEEC de Alacant Arquivado 01 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- APLEC, Associació de Profesorat de Llengües Clàssiques de Catalunya.
- Sección da SEEC de Valladolid
- Vídeo da edición 2014
- Vídeo da edición 2012